mércores, 30 de abril de 2014

WEBQUEST

Boas mozos e mozas!

Deixámosvos aquí o link para acceder a nosa WEBQUEST.



Esperamos que vos guste! E comentade aquí que vos parece!

xoves, 10 de abril de 2014

10 de abril: día do investigador

Bos días nenos e nenas!! Como estades?

Cada 10 de abril celébrase o día do investigador científico


Instituíuse en honor a Bernardo Houssay, quen foi o primeiro presidente do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas e que no ano 1947 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, de aí que a celebración se leve a cabo no día do seu nacemento: 10 de abril de 1887.

Neste día celébranse os diferentes Centros Científico Tecnolóxicos dos países organizan actos con programas nos que conxugan a ciencia co institucional e coa arte.


Nos próximos días faremos unha actividade na que vos investigaredes a partir dunhas páxinas que vos proporcionaremos dalgún tema nos que esteades relacionados.

Gustaríavos ser investigadores no futuro? E recibir un premio Nobel polo voso traballo? Contádenos!

domingo, 6 de abril de 2014

6 de abril: Día Mundial da Actividade Física

Ola amigos e amigas!

Hoxe celébrase o Día Mundial da Actividade Física.

Trátase dun día no que se invita á poboación mundial á realización do exercicio físico para a mellora da saúde.


A actividade física consiste en calquera movemento corporal producido polos músculos. A intensidade da actividade física depende e varía segundo as persoas. Como exemplos da actividade física encóntranse: camiñar, bailar, andar en bicicleta, nadar, correr, etc.

A duración da actividade física diaria depende da idade, por exemplo o recomendado para vos sería 60 minutos como máximo cada día.

A realización de exercicio físico aporta numerosos beneficios ao noso corpo e evita que aparezan enfermidades como a diabetes, a obesidade, o sobrepeso, etc.


¿Como se celebra?

Neste día as cidades énchense de eventos deportivos para animar aos cidadáns á realización de algún deles. Soen realizarse carreiras populares, torneos de tenis, partidos de fútbol, etc. nas que poden participar todas aquelas persoas que o desexen.


E vos, animádesvos?

mércores, 2 de abril de 2014

2 de abril: Día Mundia de Concienciación do Autismo

Ola!

Hoxe é o día Mundial de Concenciación do Autismo 


Aquí vos deixamos o vídeo que vimos hoxe en clase por se queredes ensinarllo aos vosos irmáns ou irmás ou por se queredes volver a velo. Gustouvos? Qué vos pareceu?



martes, 1 de abril de 2014

1 de abril

Bos días amigos e amigas!

Sabedes que se celebra hoxe?

O Día Internacional da Diversión no Traballo! 

Esta celebración lévase a cabo dende o ano 1996 e pretende que a seriedade no traballo estea acompañada dun pouco de humor, xa que este ofrece grandes beneficios. Xa son moitas as empresas que se animan e se unen a esta celebración e este ano nós tamén nos unimos!


Neste día faremos unha sesión de papiroflexia para formar o material de traballo do día a día pero nesta ocasión, de papel. Ao rematar faremos un concurso de avión no pasillo. E, por último, faremos un taller de reciclaxe, no que tamén se reciclará o papel utilizado neste día.

Cada unha das tres probas conta cun premio para o gañador ou gañadora así que preparádevos que comeza o gran día!


Ademais gustaríanos que nos contarades si na vosa familia teñen algunha experiencia de celebrar este Día Internacional do Traballo que pouco a pouco se está estendendo. Si é así, ¿que  xogos fan?, ¿conséguese deixar o estrés de lado por un día?, ¿credes que o humor é necesario e beneficioso para as empresas?