Ola amigos e amigas!
Hoxe celébrase o Día
Mundial da Actividade Física.
Trátase dun día no que se invita á poboación
mundial á realización do exercicio físico para a mellora da saúde.
A actividade física
consiste en calquera movemento corporal producido polos músculos. A intensidade
da actividade física depende e varía segundo as persoas. Como exemplos da
actividade física encóntranse: camiñar, bailar, andar en bicicleta, nadar,
correr, etc.
A duración da actividade física diaria depende da idade, por exemplo o
recomendado para vos sería 60 minutos como máximo cada día.
A realización de exercicio físico aporta numerosos beneficios ao noso
corpo e evita que aparezan enfermidades como a diabetes, a obesidade, o
sobrepeso, etc.
¿Como se celebra?
Neste día as cidades énchense de eventos deportivos para animar aos
cidadáns á realización de algún deles. Soen realizarse carreiras populares,
torneos de tenis, partidos de fútbol, etc. nas que poden participar todas
aquelas persoas que o desexen.
E vos, animádesvos?
Paréceme moi importante non só celebrar este día, senón tamén fomentar a actividade física, no noso caso en Educación Primaria. Aparte de que o deporte mellora as nosas condicións persoais e a nosa saúde, tamén permite coñecer, respectar e valorarse a si mesmo e aos demais. Ademais, coa Educación Física mellóranse as relacións interpersoais e de grupo. Polo tanto, é de decisiva relevancia a ensinanza da Educación Física ao longo da vida escolar dunha persoa.
ResponderEliminar(Iria Rodríguez)