O noso proxecto está baseado na utilización da televisión
como medio pedagóxico-didáctico.
Eliximos este tema porque os nenos e nenas pasan moitas
horas ó día diante do televisor expoñéndose a información nociva para o seu
desenrolo, e queremos converter este medio como un método máis do seu
aprendizaxe.
A partir deste medio pretendemos conseguir entre outros,
os seguintes obxectivos:
- Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.
- Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.
- Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.
- Investigación sobre o festexo das Letras Galegas
- Coñecemento da capital e as provincias de Galicia
- Ampliación do vocabulario mediante o programa “Cifras e letras".
Ningún comentario:
Publicar un comentario