Boas mozos e mozas!
Deixámosvos aquí o link para acceder a nosa WEBQUEST.
Esperamos que vos guste! E comentade aquí que vos parece!
Este é un blog de aula destinado aos alumnos e alumnas de 3ºA do centro CEIP Rosalía de Castro.
mércores, 30 de abril de 2014
xoves, 10 de abril de 2014
10 de abril: día do investigador
Bos días nenos e
nenas!! Como estades?
Cada 10 de abril celébrase o día do investigador
científico.
Instituíuse en honor a Bernardo Houssay, quen foi o primeiro
presidente do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas e que
no ano 1947 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, de aí que a
celebración se leve a cabo no día do seu nacemento: 10 de abril de 1887.
Neste día
celébranse os diferentes Centros Científico Tecnolóxicos dos países organizan
actos con programas nos que conxugan a ciencia co institucional e coa arte.
Nos próximos días
faremos unha actividade na que vos investigaredes a partir dunhas páxinas que vos
proporcionaremos dalgún tema nos que esteades relacionados.
Gustaríavos ser
investigadores no futuro? E recibir un premio Nobel polo voso traballo?
Contádenos!
domingo, 6 de abril de 2014
6 de abril: Día Mundial da Actividade Física
Ola amigos e amigas!
Hoxe celébrase o Día
Mundial da Actividade Física.
Trátase dun día no que se invita á poboación
mundial á realización do exercicio físico para a mellora da saúde.
A actividade física
consiste en calquera movemento corporal producido polos músculos. A intensidade
da actividade física depende e varía segundo as persoas. Como exemplos da
actividade física encóntranse: camiñar, bailar, andar en bicicleta, nadar,
correr, etc.
A duración da actividade física diaria depende da idade, por exemplo o
recomendado para vos sería 60 minutos como máximo cada día.
A realización de exercicio físico aporta numerosos beneficios ao noso
corpo e evita que aparezan enfermidades como a diabetes, a obesidade, o
sobrepeso, etc.
¿Como se celebra?
Neste día as cidades énchense de eventos deportivos para animar aos
cidadáns á realización de algún deles. Soen realizarse carreiras populares,
torneos de tenis, partidos de fútbol, etc. nas que poden participar todas
aquelas persoas que o desexen.
E vos, animádesvos?
mércores, 2 de abril de 2014
2 de abril: Día Mundia de Concienciación do Autismo
Ola!
Hoxe é o día Mundial de Concenciación do Autismo
Aquí vos deixamos o vídeo que vimos hoxe en clase por se queredes ensinarllo aos vosos irmáns ou irmás ou por se queredes volver a velo. Gustouvos? Qué vos pareceu?
martes, 1 de abril de 2014
1 de abril
Bos días amigos e amigas!
Sabedes que se celebra hoxe?
Esta celebración lévase a cabo dende o ano 1996 e pretende que a seriedade no traballo estea acompañada dun pouco de humor, xa que este ofrece grandes beneficios. Xa son moitas as empresas que se animan e se unen a esta celebración e este ano nós tamén nos unimos!
Neste día faremos unha sesión de papiroflexia para formar o material de traballo do día a día pero nesta ocasión, de papel. Ao rematar faremos un concurso de avión no pasillo. E, por último, faremos un taller de reciclaxe, no que tamén se reciclará o papel utilizado neste día.
Sabedes que se celebra hoxe?
O Día Internacional da Diversión no Traballo!
Esta celebración lévase a cabo dende o ano 1996 e pretende que a seriedade no traballo estea acompañada dun pouco de humor, xa que este ofrece grandes beneficios. Xa son moitas as empresas que se animan e se unen a esta celebración e este ano nós tamén nos unimos!
Neste día faremos unha sesión de papiroflexia para formar o material de traballo do día a día pero nesta ocasión, de papel. Ao rematar faremos un concurso de avión no pasillo. E, por último, faremos un taller de reciclaxe, no que tamén se reciclará o papel utilizado neste día.
Cada unha das
tres probas conta cun premio para o gañador ou gañadora así que preparádevos
que comeza o gran día!
Ademais
gustaríanos que nos contarades si na vosa familia teñen algunha experiencia de
celebrar este Día Internacional do Traballo que pouco a pouco se está estendendo.
Si é así, ¿que xogos fan?, ¿conséguese
deixar o estrés de lado por un día?, ¿credes que o humor é necesario e
beneficioso para as empresas?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)