Ola
compañeiros e compañeiras!
Dende o
día 14 de marzo estase a celebrar o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de
Pontevedra, na súa 15ª edición. Pretende que todos e todas nós “cociñemos contos”.
Estará aberta ata o 5 de abril.
O noso
colexio realizará a visita o vindeiro venres, 28 de marzo. Alí atoparémonos con
infinidade de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións e
concertos, entre outros eventos.
Trala
visita, realizaremos unhas actividades, que podedes atopar aquí.
Esperamos que
disfrutedes da visita! E esperamos tamén os vosos comentarios sobre a actividade!
Boas noites chicas!
ResponderEliminarTeño que darvos as miñas parabéns, un dos mellores blogs. Moi ben presentado, con ligazóns aos demáis blogs, contido moi completo e con moitas entradas con contido actual.
Elexín esta entrada para comentar porque creo que o Salón do Libro é un acto que fomenta a lectura e a escritura de maneira moi atractiva e diferente. Ao realizarse en Pontevedra, penso que debería ser de visita obligatoria para todo o futuro persoal docente.
Un saúdo,
Carme