luns, 31 de marzo de 2014

Día das Letras Galegas (HotPotatoes)

Ola a todos e todas!

A actividade deste día consistirá en analizar a evolución dun día moi característico de Galicia, o día das Letras Galegas (17 de maio). Para iso, os nenos e nenas teredes que indagar por qué se festexa este día e como comezou esta tradición. 

Esta actividade comezaremos a realizala na aula e posteriormente vós continuaredes nas vosas casas. O traballo realizarase en grupos de 5 persoas. Cada un de vos deberá mirar o telexornal da canle autonómica (TVG) para sacar a maior información posible acerca desta festividade. 

As cuestións que debedes responder serán as seguintes: 

1. Cando e por qué se comezou a festexar o día das Letras Galegas? 

2. A que persoa vai dirixida este festividade este ano? 

3. Facer unha breve biografía sobre o autor ou autora destacando as súas obras máis importantes. 

4. Elixir un dos seus escritos e dar a vosa opinión sobre dito texto. 

Coa información obtida debedes facer un Power Point, mural ou calquera outra tipo de exposición para informar ós vosos compañeiros sobre a vosa investigación. Esta exposición será gravada polo profesor e posteriormente incorporarase ó blog onde será votada polos vosos compañeiros e compañeiras.

 A continuación deixámosvos o cuestionario que realizaremos na aula de informártica a seguinte semana á celebración das Letras Galegas. As preguntas estarán relacionadas coa recollida de información que os grupos previamente faredes. Ademais sumarase un punto ao grupo máis votado da clase.







A actividade podedes atopala no seguinte enlace: Cuestionario das Letras Galegas

Esperamos que vos guste esta actividade e que aprendades moito con ela!

Ningún comentario:

Publicar un comentario