xoves, 13 de marzo de 2014

Pódese utilizar a televisión como medio educativo?

A resposta é SI
Ola rapaces e rapazas!

Nesta entrada imosvos mostrar que a televisión pode servir como medio educativo, mostrando tamén as súas vantaxes pero tamén as súas desvantaxes.

A televisión si que pode utilizarse como medio educativo, aínda que principalmente estea contemplada como un medio de comunicación de masas que exerce unha gran influenza na sociedade. Sen embargo, a televisión educa, forma, inflúe na cultura social das audiencias, nas actitudes, nos valores, nos comportamentos, nos pensamentos, na ideoloxía, etc.

Incluso si se trata de anuncios de poucos segundos, estes poden ter un gran impacto, de forma que pode chegar a ser máis efectivo que moitas horas de oratoria, as cales poden resultar pouco convincentes. Deste xeito pódese afirmar que toda a televisión é educativa; ben se trate de debates, de películas, de series, dos informativos, das campañas publicitarias... 

A televisión conta cunha posición privilexiada como canle de comunicación; chega a millóns de persoas, pode incluso cambiar estereotipos ou colaborar na integración das minorías sociais.

Referíndonos ao ámbito educativo pódese dicir que hai moitos programas na televisión que non son utilizados no proceso de ensinanza-aprendizaxe. A isto súmaselle o inconveniente de que son moi poucos os profesores que utilizan a televisión como un recurso didáctico. Sen embargo, hai un elevado número de programas que poden contribuír á formación integral do alumno. En moitas ocasións só se trata de cambiar o enfoque que se lle dá ao programa. Por exemplo, un partido de fútbol pode utilizarse no ámbito social, para “pasar o rato” pero tamén pode aproveitarse para unha clase de Educación Física, para que aprendan moitas leccións ou tamén poderían analizar criticamente os comportamentos e actitudes sociais.



Estámonos a referir aquí á educación informal, entendida como aquela que non naceu para educar, pero que si o fai. A televisión non foi inventada para educar, senón para entreter e informar. Trátase de educación informal, xa que a televisión edúcanos, xera en nós actitudes e visións xerais, fórmanos. Ademais disto, tamén nos mostra outras culturas e lévanos a lugares moi diferentes aos nosos (a vida nos bosques ou temos información de animais exóticos).



Por último, podemos falar de aspectos positivos da televisión como son: que o que nos ofrece entendémolo perfectamente ou ben que nos mostra outras culturas e outras formas de vida. Tamén xera solidariedade ou fomenta o respecto ao medio ambiente. 

Non debemos pasar por alto que a televisión tamén ten algún aspecto negativo, como pode ser que hai persoas que se pasan moitas horas diante da televisión, polo que deixa de lado a actividade física e a relación social desaparece, podendo aparecer problemas de saúde.

Un saúdo! Esperamos que vos gustara!

Qué programas creedes vós que son máis educativos e cales menos?

Esperamos os vosos comentarios!

Ningún comentario:

Publicar un comentario