mércores, 30 de abril de 2014

WEBQUEST

Boas mozos e mozas!

Deixámosvos aquí o link para acceder a nosa WEBQUEST.



Esperamos que vos guste! E comentade aquí que vos parece!

xoves, 10 de abril de 2014

10 de abril: día do investigador

Bos días nenos e nenas!! Como estades?

Cada 10 de abril celébrase o día do investigador científico


Instituíuse en honor a Bernardo Houssay, quen foi o primeiro presidente do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas e que no ano 1947 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, de aí que a celebración se leve a cabo no día do seu nacemento: 10 de abril de 1887.

Neste día celébranse os diferentes Centros Científico Tecnolóxicos dos países organizan actos con programas nos que conxugan a ciencia co institucional e coa arte.


Nos próximos días faremos unha actividade na que vos investigaredes a partir dunhas páxinas que vos proporcionaremos dalgún tema nos que esteades relacionados.

Gustaríavos ser investigadores no futuro? E recibir un premio Nobel polo voso traballo? Contádenos!

domingo, 6 de abril de 2014

6 de abril: Día Mundial da Actividade Física

Ola amigos e amigas!

Hoxe celébrase o Día Mundial da Actividade Física.

Trátase dun día no que se invita á poboación mundial á realización do exercicio físico para a mellora da saúde.


A actividade física consiste en calquera movemento corporal producido polos músculos. A intensidade da actividade física depende e varía segundo as persoas. Como exemplos da actividade física encóntranse: camiñar, bailar, andar en bicicleta, nadar, correr, etc.

A duración da actividade física diaria depende da idade, por exemplo o recomendado para vos sería 60 minutos como máximo cada día.

A realización de exercicio físico aporta numerosos beneficios ao noso corpo e evita que aparezan enfermidades como a diabetes, a obesidade, o sobrepeso, etc.


¿Como se celebra?

Neste día as cidades énchense de eventos deportivos para animar aos cidadáns á realización de algún deles. Soen realizarse carreiras populares, torneos de tenis, partidos de fútbol, etc. nas que poden participar todas aquelas persoas que o desexen.


E vos, animádesvos?

mércores, 2 de abril de 2014

2 de abril: Día Mundia de Concienciación do Autismo

Ola!

Hoxe é o día Mundial de Concenciación do Autismo 


Aquí vos deixamos o vídeo que vimos hoxe en clase por se queredes ensinarllo aos vosos irmáns ou irmás ou por se queredes volver a velo. Gustouvos? Qué vos pareceu?



martes, 1 de abril de 2014

1 de abril

Bos días amigos e amigas!

Sabedes que se celebra hoxe?

O Día Internacional da Diversión no Traballo! 

Esta celebración lévase a cabo dende o ano 1996 e pretende que a seriedade no traballo estea acompañada dun pouco de humor, xa que este ofrece grandes beneficios. Xa son moitas as empresas que se animan e se unen a esta celebración e este ano nós tamén nos unimos!


Neste día faremos unha sesión de papiroflexia para formar o material de traballo do día a día pero nesta ocasión, de papel. Ao rematar faremos un concurso de avión no pasillo. E, por último, faremos un taller de reciclaxe, no que tamén se reciclará o papel utilizado neste día.

Cada unha das tres probas conta cun premio para o gañador ou gañadora así que preparádevos que comeza o gran día!


Ademais gustaríanos que nos contarades si na vosa familia teñen algunha experiencia de celebrar este Día Internacional do Traballo que pouco a pouco se está estendendo. Si é así, ¿que  xogos fan?, ¿conséguese deixar o estrés de lado por un día?, ¿credes que o humor é necesario e beneficioso para as empresas?

luns, 31 de marzo de 2014

Galicia e as súas provincias (JClic)

Ola amigos e amigas!

Esta actividade ten como obxcectivo que aprendades a capital de Galicia e as súas provincias (Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), así como que coñezades o que máis destaca de cada unha destas cidades.

Formaredes cinco grupos de cinto persoas e teredes que buscar a seguinte información:

- Localización
- Historia
- Construcións importantes
- Lugares e actividades de interes
- O que máis cos gustou desa cidade

Antes de comezar esta investigación realizaremos unha actividade creada co programa JClic: Puzzle das provincias. A actividade está en formato .zip. Debedes descargalo, darlle a "Extraer en" (onde queirades que se vos garde) e abrir "Puzzle"



Un saudo! Esperamos que vos guste!

Os hábitats galegos (PDI)

Boas tardes!

Esta actividade consistirá na investigación sobre os ecosistemas ou hábitats dos seres vivos en Galicia.

Vós deberedes unir cada un dos animais co seu tipo de hábitat a través da pizarra dixital. Accederedes a esta actividade no seguinte enlace: Hábitats e animais 

Esperamos que vos divirtades!!

Día das Letras Galegas (HotPotatoes)

Ola a todos e todas!

A actividade deste día consistirá en analizar a evolución dun día moi característico de Galicia, o día das Letras Galegas (17 de maio). Para iso, os nenos e nenas teredes que indagar por qué se festexa este día e como comezou esta tradición. 

Esta actividade comezaremos a realizala na aula e posteriormente vós continuaredes nas vosas casas. O traballo realizarase en grupos de 5 persoas. Cada un de vos deberá mirar o telexornal da canle autonómica (TVG) para sacar a maior información posible acerca desta festividade. 

As cuestións que debedes responder serán as seguintes: 

1. Cando e por qué se comezou a festexar o día das Letras Galegas? 

2. A que persoa vai dirixida este festividade este ano? 

3. Facer unha breve biografía sobre o autor ou autora destacando as súas obras máis importantes. 

4. Elixir un dos seus escritos e dar a vosa opinión sobre dito texto. 

Coa información obtida debedes facer un Power Point, mural ou calquera outra tipo de exposición para informar ós vosos compañeiros sobre a vosa investigación. Esta exposición será gravada polo profesor e posteriormente incorporarase ó blog onde será votada polos vosos compañeiros e compañeiras.

 A continuación deixámosvos o cuestionario que realizaremos na aula de informártica a seguinte semana á celebración das Letras Galegas. As preguntas estarán relacionadas coa recollida de información que os grupos previamente faredes. Ademais sumarase un punto ao grupo máis votado da clase.







A actividade podedes atopala no seguinte enlace: Cuestionario das Letras Galegas

Esperamos que vos guste esta actividade e que aprendades moito con ela!

mércores, 26 de marzo de 2014

Lazy Town

Ola a todas e todo!

¿Coñecedes o programa Lazy Town?




Trátase dun programa educativo de debuxos animados que se emite na canle BOING tódolos días. Dura aproximadamente  20 minutos. Conta con tres personaxes principais:


Sportacus: representa o ben, quere que os nenos e as nenas do pobo fagan deporte e fomenta hábitos saudables. Tamén lles ensina aos cativos e cativas a solucionar os problemas de forma pacífica.


Robbie Retos representa todo o contrario. Quere que os nenos sexan perezosos e non fagan deporte senón que estean seguido coas novas tecnoloxías. Por iso quere botar do pobo a Sportacus, aínda que non o consegue porque os escolares adórano.


Stephany fomenta por exemplo o interese cultural, mostrándolles aos seus amigos e amigas as festividades que se celebran neste pobo.

Propoñémosvos que miredes un capítulo deste programa e analicedes que valores positivos fomenta, por exemplo si Sportacus fomenta unha boa alimentación, si o alcalde se comporta ben co pobo…

Ademais gustaríanos saber si coñecedes algún outro programa educativo. Contádenos!


Para rematar, deixámosvos, a canción que soa ao comezo de cada un dos capítulos. 



luns, 24 de marzo de 2014

As árbores (edilim)

Boas tardes!

Nesta entrada incluímos unha actividade realizada co programa Edilim.

Consta de tres actividades referentes a árbores frutais:

  1. Descobre as parellas


 2. Arrasta o nome ao seu frutal


  3. Pon as etiquetas onde corresponda




Debedes descargar o arquivo .zip aquí! E clicar no arquivo .html

Esperemos que vos guste!

domingo, 23 de marzo de 2014

Cociñemos contos

Ola compañeiros e compañeiras!

Dende o día  14 de marzo estase a celebrar  o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, na súa 15ª edición. Pretende que todos e todas nós “cociñemos contos”. Estará aberta ata o 5 de abril.



O noso colexio realizará a visita o vindeiro venres, 28 de marzo. Alí atoparémonos con infinidade de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións e concertos, entre outros eventos.


Trala visita, realizaremos unhas actividades, que podedes atopar aquí.

Esperamos que disfrutedes da visita! E esperamos tamén os vosos comentarios sobre a actividade!

sábado, 15 de marzo de 2014

Pódese utilizar a televisión como medio educativo?

Ola!

Nesta entrada ímosvos colgar un vídeo que resume moi ben o que onte publicamos:

A capacidade que ten a televisión como medio educativo


Esperamos que vos servira de axuda para entender o fin do noso proxetco.

Un saúdo!

xoves, 13 de marzo de 2014

Pódese utilizar a televisión como medio educativo?

A resposta é SI
Ola rapaces e rapazas!

Nesta entrada imosvos mostrar que a televisión pode servir como medio educativo, mostrando tamén as súas vantaxes pero tamén as súas desvantaxes.

A televisión si que pode utilizarse como medio educativo, aínda que principalmente estea contemplada como un medio de comunicación de masas que exerce unha gran influenza na sociedade. Sen embargo, a televisión educa, forma, inflúe na cultura social das audiencias, nas actitudes, nos valores, nos comportamentos, nos pensamentos, na ideoloxía, etc.

Incluso si se trata de anuncios de poucos segundos, estes poden ter un gran impacto, de forma que pode chegar a ser máis efectivo que moitas horas de oratoria, as cales poden resultar pouco convincentes. Deste xeito pódese afirmar que toda a televisión é educativa; ben se trate de debates, de películas, de series, dos informativos, das campañas publicitarias... 

A televisión conta cunha posición privilexiada como canle de comunicación; chega a millóns de persoas, pode incluso cambiar estereotipos ou colaborar na integración das minorías sociais.

Referíndonos ao ámbito educativo pódese dicir que hai moitos programas na televisión que non son utilizados no proceso de ensinanza-aprendizaxe. A isto súmaselle o inconveniente de que son moi poucos os profesores que utilizan a televisión como un recurso didáctico. Sen embargo, hai un elevado número de programas que poden contribuír á formación integral do alumno. En moitas ocasións só se trata de cambiar o enfoque que se lle dá ao programa. Por exemplo, un partido de fútbol pode utilizarse no ámbito social, para “pasar o rato” pero tamén pode aproveitarse para unha clase de Educación Física, para que aprendan moitas leccións ou tamén poderían analizar criticamente os comportamentos e actitudes sociais.



Estámonos a referir aquí á educación informal, entendida como aquela que non naceu para educar, pero que si o fai. A televisión non foi inventada para educar, senón para entreter e informar. Trátase de educación informal, xa que a televisión edúcanos, xera en nós actitudes e visións xerais, fórmanos. Ademais disto, tamén nos mostra outras culturas e lévanos a lugares moi diferentes aos nosos (a vida nos bosques ou temos información de animais exóticos).



Por último, podemos falar de aspectos positivos da televisión como son: que o que nos ofrece entendémolo perfectamente ou ben que nos mostra outras culturas e outras formas de vida. Tamén xera solidariedade ou fomenta o respecto ao medio ambiente. 

Non debemos pasar por alto que a televisión tamén ten algún aspecto negativo, como pode ser que hai persoas que se pasan moitas horas diante da televisión, polo que deixa de lado a actividade física e a relación social desaparece, podendo aparecer problemas de saúde.

Un saúdo! Esperamos que vos gustara!

Qué programas creedes vós que son máis educativos e cales menos?

Esperamos os vosos comentarios!

luns, 10 de marzo de 2014

Relación entre EDUCACIÓN e TIC

Boas tardes! 

Nesta entrada realizamos un comentario reflexivo sobre a relación entre as Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e a Educación baseándonos nesta viñeta que nos pareceu moi representativa da situación actual nas idades máis temperás. 



Esta viñeta critica que, aínda que na actualidade deben ser integradas na Educación Primaria de xeito que se adecuen ás necesidades da sociedade, en realidade non se inclúen no ámbito educativo totalmente, xa que nas idades máis temperás prohibese levar a clase tabletas ou libros electrónico, os cales poderán ser aproveitados como un recurso educativo máis.

Comentade sobre o que vos parece a vos! Creedes que isto sucede no noso cole? Como poderíamos melloralo?

Un saúdo!

xoves, 6 de marzo de 2014

Programas educativos

Ola!

Nesta entrada compartimos convosco un interesante documento no que poderedes coñecer alguns programas educativos que vos poden servir de moito para a vosa formación.

Aquí volo deixamos: Programas educativos

Un saúdo!

A televisión na aula

Boas tardes!

Compartimos convosco o informe do noso proxecto A televisión na aula no que podedes informarvos sobre algunhas das actividades que se levarán a cabo durante o curso na nosa aula .

Informe: A televisión na aula 

Esperamos que sexa do voso agrado. Aceptamos novas propostas.

Un saúdo

mércores, 5 de marzo de 2014

Etiqueta de "TV escolar"

Neste recuncho do blog, os nosos nenos e nenas terán que ir colgando os seus vídeos.




Sofware educativos

Ola!

Nesta entrada mostrarémosvos dous sofware que os nosos alumnos e alumnas deben ter nos seus ordenadores. Sinalamos onde atopalos e como instalalos para que non teñan perda.

O primeiro é un sofware libre que se chama Inspiration e que serve para realizar mapas conceptuais.

O outro sofware chámase Movie Maker e é un editor de video. Este resulta moi importante nas nosas clases posto que o noso proxecto de aula trata sobre a televisión como istrumento didáctico. Por iso moitas das actividades que lles encarguemos aos nenos e nenas terán que ver con grabar e editar vídeos. Estes vídeos teranos que subir neste blog, na etiqueta de "TV escolar", na entrada que se corresponda ca actividade.

Aquí tedes o enlace: Sofware educativos

Un saúdo!

Páxinas e recursos WEB

Boas tardes!

Nesta entrada compartimos convosco un interesante documento no que poderedes coñecer algunas páxinas WEB e portais interesantes tanto para alumnos como para mestres.

Aquí volo deixamos: Páxinas e recursos WEB

Un saúdo! Esperamos que sexa do voso interese!

mércores, 26 de febreiro de 2014

Documentación do proxecto


 O noso proxecto está baseado na utilización da televisión como medio pedagóxico-didáctico.

Eliximos este tema porque os nenos e nenas pasan moitas horas ó día diante do televisor expoñéndose a información nociva para o seu desenrolo, e queremos converter este medio como un método máis do seu aprendizaxe.

A partir deste medio pretendemos conseguir entre outros, os seguintes obxectivos:
  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.
  • Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.
  • Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.
Para conseguir estes obxectivos fundamentándonos nos contidos da utilización de fontes de información, relacións interpersoais e a evolución de aspectos da vida cotiá. Para iso levaranse a cabo actividades como por exemplo:
  • Investigación sobre o festexo das Letras Galegas
  • Coñecemento da capital e as provincias de Galicia
  • Ampliación do vocabulario mediante o programa “Cifras e letras".
Para levar a cabo as actividades utilizamos diversos materias: televisión, Movie Maker, gravadora, cámara de vídeo, documentais, internet, programas televisivos, PDI, DVD, Power Point,… 

luns, 3 de febreiro de 2014

luns, 20 de xaneiro de 2014

Benvida

Ola a todos e a todas.

Este é un blog de aula que pretende facer un uso correcto e eficiente das TICs na educación primaria.

O seu nome débese a que consideramos que a aprendizaxe esperta nos cativos e nas cativas pertencentes aos cursos de educación primaria (de seis a doce anos) unha sensación máxica.





O principal obxetivo deste blog é conseguir captar a atención dos nenos e nenas para que lles resulte atractivo  e agradable a aprendizaxe.